xoves, 14 de marzo de 2013

Qué acontecería se fose unha pulga saltarica á que lle gustase moito viaxar?


Este conto está baseado na técnica "que acontecería se ..." de Gianni Rodari



QUÉ ACONTECERÍA SE...

Qué acontecería se fose unha pulga saltarica á que lle gustase moito viaxar?

Se isto acontecese, sería moi divertido. Iría de salto en salto aló a onde me apetecese. O meu medio de transporte sería moi variado e por suposto gratuíto.

Unhas veces iría sobre un gran can, dunha orella a outra para ver ben a paisaxe, e cando tivese ganas de durmir, á longa cola saltaría e alí ben arrolada estaría.

Se polo camiño un refunfuñón gato atopase, a el, dun gran brinco pasaría, e catro picaduras lle faría: a primeira na barriga, a segunda nunha orella, a terceira na punta do nariz e unha última... xa se vería. E así, con un pouco de picardía, faría outra travesía.

E dun gato refonfuñón a un neno sen ilusión. Saltando e saltando, ata a súa orella chegaría e alí, moi baixiño, a miña historia lle contaría. E tamén lle diría que con un pouco de imaxinación, calquera cousa que quixese el sería. Dende un gran avión ata unha pequena pulga saltarica, que de balde viaxa e de vez en cando pica.

1 comentario: