luns, 22 de abril de 2013

A froita prohibida

Nome do xogo
A FROITA PROHIBIDA
Idade recomendada
A partir de 5 anos
Número de participantes
A partir de 8 xogadores
Duración
15 minutos aproximadamente
Espazo
No patio ou calquera espazo amplo
Obxectivos
·         Potenciar a motricidade grosa
·         Estimula os procesos cognitivos
·         Favorece a sociabilidade
Tipo de xogo
Xogo de exercicio
Organización do espazo
Todolos participantes estarán dentro dunha zona delimitada e non poderán sair dela.
Recursos necesarios
Humanos: Un educador/a
Materiais:  Ningún
Desenvolvemento do xogo
Un voluntario colocase no centro do patio, o resto dos compañeiros colocanse o redor de el. O neno que queda ten que dicir “a froita prohibida é …” e sair correndo detrás dos seus compañeiros e si ven que o van coller, terá que dicir outra froita que non sexa a prohibida e deberán quedarse cos brazos en cruz e as pernas abertas e, so poderán ser salvados se algún dos seus compañeiros pasan por debaixo das personas. Tamén pandará se repite a froita prohibida.
Variantes, modificacións, adaptacións
No canto de facelo con froitas, pode facelo con nomes de animais, marcas de coches, etc.





Paréceme un xogo apropiado para realizar no patio exterior do colexio, xa que é un xogo dinámico e lúdico, onde os nenos/as van a poder sociabilizar cos seus compañeiros, así como desenvolver capacidades motoras e cognitivas, xa que teñen que correr, agacharse, etc e tamén teñen que facer memoria o recordar as froitas e ser imaxinativos á hora de pensar outras para dicir.
É un xogo que os máis pequenos lle vai a gustar, pódese non só utilizar froitas, senón cores, números … elementos que os nenos poidan recordar con facilidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario