AUTOR/A: Pupi
ILUSTRADOR/A: Manel Cráneo
EDITORIAL: Everest
EDICIÓN: tapas brandas, 30 páxinas.
RECOMENDADO PARA: a partir de 3 anos.
IDIOMAS: galego
TEMÁTICA: a familia
RESUMO:
Mostra nenos en diferentes tipos de familia: a
nuclear típica, a marroquí, a familia lesbiana, a familia coa nena adoptada de
China, a familia xordomuda, a familia de nai soa (solteira, viúva, divorciada
…) con fillo con Síndrome de Down e a familia xitana. E todas elas teñen algo
en común: coidan os seus fillos, danlle agarimo e tamén lles ensinan cousas da
vida para cando sexan maiores.
ASPECTOS INTERESANTES: texto con repeticións, distintos tipos de
familias, imaxes moi descritivas.
APLICACIÓN/ETIQUETAS: familia, culturas.
VALORACIÓN PERSOAL:
É un libro moi útil para transmitirlles valores ós
nenos e familiarizalos con outras culturas e tipos de familias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario