Nome do xogo
|
A mona.
|
Idade recomendada
|
A partir de 4 anos.
|
Número de participantes
|
Máis de 3.
|
Duración
|
20 minutos
|
Espazo
|
Interior ou exterior
|
Obxectivos
|
·
Discriminar
os números.
·
Fomentar
a sociabilidade.
|
Tipo de xogo
|
Competitivo.
|
Organización do espazo
|
Unha mesa con tantas cadeiras coma nenos haxa ou unha alfombra.
|
Recursos necesarios
|
- Humanos: un adulto.
- Materiais: unha baralla de cartas, unha mesa con cadeiras para tódolos
nenos ou unha alfombra.
|
Desenvolvemento do xogo
|
Quitamos unha
carta da baralla (a mona) sen que ninguén a vexa e escondémola. Repartimos
tódalas cartas restantes entre os xogadores. As cartas que sexan parella
(dous con dous, cinco con cinco, etc.) déixanse enriba da mesa. Os xogadores
vanse cambiando as cartas por quendas, colléndolle unha carta ó do lado, e
continúan desfacéndose das que forman parella. O xogador que se queda coa
carta que non ten parella (a mona) perde o xogo.
|
Variantes, modificacións ou
adaptacións.
|
|
Feito por:
|
Mª Pilar Pérez
|
Escollín este xogo pola súa sinxeleza e claridade. É un dos primeiros xogos de cartas aos que poden xogar os nenos xunto con outros compañeiros ou cas súas familias. Como este xogo consiste en formar parellas, actualmente existen numerosas barallas de cartas de fantasía con debuxos baseados en personaxes infantís populares. Nestas barallas adoita figurar unha carta sen parella, polo que xa non é necesario sacar unha ao principio da partida.
ENLACE: http://www.acanomas.com/Reglamentos-Juegos-de-Naipes/951/Mona.htm
ENLACE: http://www.acanomas.com/Reglamentos-Juegos-de-Naipes/951/Mona.htm
Ningún comentario:
Publicar un comentario