luns, 6 de maio de 2013

A tea de araña

Nome do xogo
 A tea de araña
Idade recomendada
 A partir de 6 anos
Número de participantes
Grupo grande
Duración
15 - 30 minutos según o grupo
Espazo
Nunha aula despexada
Obxectivos
      Potenciar a sociabilidade
Tipo de xogo
De presentación
Organzación do espazo
Non é precisa ningunha organización
Recursos necesarios
      Humanos: Unha educadora
      Materiais: Un nobelo de lá
Desenvolvemento do xogo
Realizando un círculo, unha persoa ten un nobelo de lá suxeitándoa por un extremo, el debe de presentarse dicindo o seu nome, aficións, idade, de onde é, etc, e todo o que queiramos engadir. Posteriormente debe de lanzar o nobelo de lá ao outro compañeiro (pero debe de suxeitar o extremo de forma que a lá colgue entre ambos). O seguinte repetirá a operación de presentarse e volverá a lanzar o nobelo a outra persoa distinta pero suxeitando o anaco de lá. Cando xa todos recibiran a lá, esta formará un entramado similar ao dunha tea de araña, agora para desenvolvela farase de forma inversa desenvolvendo o nobelo a persoa que cho deu e recordando todos os seus datos de cando se presentou.
Variantes, modificacións, adaptacións
Ademais de para presentarse pode servir para ir contando un conto participativo.  


VALORACIÓN PERSOAL: Paréceme un xogo interesante como medio de presentación entre os nenos. Ademais, o feito de xogar co nobelo de lá, fai que os nenos estén pendentes del e do entramado de fíos que están facendo e perdan un pouco o medo a falar en público e presentarse, actuaría, por dicilo dalgunha maneira, como medio de distracción.
Este xogo, ademais de fomentar a sociabilidade, tamén potencia a motricidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario