luns, 6 de maio de 2013

Avós


Avós    
Chema Heras (texto)
Rosa Osuna (ilustración)
Editorial: Kalandraka
Edición: Encadernado con pastas duras, 40 páxinas
Recomendado para: nenos maiores de 3 anos
Idiomas dispoñibles: Galego, castelán, euskera, portugués e catalán.
Trata dunha historia romántica e poética repleta de metáforas encadeadas. Unha historia entre dous avós que a pesar da idade teñen moita vitalidade.
Aspectos interesantes: As ilustracións e as repeticións encadeadas.
Temática: O amor, a vitalidade e a tenrura.
Valoración persoal: Trátase dun conto que esperta moita tenrura e agarimo cara aos nosos maiores. Considero que a figura dos avós, para os nenos, é moi especial e este conto preséntaos  dun xeito moi próximo a eles.

Ningún comentario:

Publicar un comentario