martes, 21 de maio de 2013

AS CATRO ESQUINAS

AS CATRO ESQUINAS


Descripción
 Catro xogadores/as colócanse en cada esquina agás o xogador nº 5 que  se coloca no medio. O xogo consiste en que os xogadores das esquinas se intercambien os postos sen que o xogador do medio( pandote) o colla. Se isto sucede o neno/a que quede sen esquina pasará o medio e será o pandote.
Aínda que o xogo chámanse  as catro esquinas,  podemos poñer tantas esquinas como nenos xogan menos unha, para que sempre quede un sen esquina; no caso de ser bastantes xogadores incrementánse tamén os pandotes.


Outras denominacións
As  esquinas, hai fume na túa casa ou nesta casa hai fume
Desenvolvemento do xogo
Para comezar bótase a sortes quen vai a quedar no medio. A un sinal determinado, os xogadores deben cambiar de esquina mentres tentan distraer o xogador do centro, o cal deberá reaccionar pronto procurando coller unha das esquinas cando quede libre. Se o logra o xogador que perde a esquina pasa a ser o pandote.
A regra do xogo é que a persoa que panda, mentres non acade ningunha esquina segue pandando. Os xogadores das esquinas , non poden permanecer quietos nas súas esquinas porque o xogo será máis interesante canto máis frecuentes sexan os cambios.
http://www.youtube.com/watch?v=LH0bPSku0Ao

Campo
Calquera lugar exterior ou interior, cunha superficie de xogo de seis metros con espacio suficiente para todas as esquinas. O espacio tamén varía según a idade dos participantes, canto máis grandes máis distancia entre as esquinas.













Tempo: 
Non existe un tempo limitado, dependerá da motivación dos xogadores.
Variantes
  •  O pandote diríxese a un dos xogadores é preguntalle: " ¿ Nesta casa hai fume?, o xogador responde :"Non na miña solo hai lume, mira naquela"(sinalando a unha das esquinas). Mentres esta conversación se repite entre o pandote e o ocupante da nova casa ,os outros participantes , a toda velocidade intercambián  as casas.
  • O que non ten esquina canta: "As catro esquinas, libres quedan. O que non sae, quédaa".Se o que a queda descubre alguén que non sae,  sinaláo e inmediatamente ese pasa ao centro e empeza a cantar a canción.
  • Fogo: Á orden dun xogador, intercambián as esquinas cando diga "fogo".
  • Carceleiro: No centro quedan un ou máis " carceleiros" para coller ós xogadores que cambian de esquinas. Os que son capturados quedan "detidos" dentro dun cadrado marcado no centro do campo de xogo. Os " presos" poden ser liberados se algún dos seus compañeiros das esquinas chega o campo e tocándolle ca man grita "libre".
  • Os xogadores  forman parellas e corren collidos das mans.
COMENTARIO PERSOAL

 O xogo das esquinas é un xogo tradicional da cultura galega, un xogo de movemento e distensión, no cal se desenvolve a capacidade de reacción, a velocidade e a axilidade.
Creo é moi importante que  non se perdan os xogos tradicionais porque este tipo de xogos transmite a cultura dun lugar, axuda a socialización das persoas e fomenta as relacións entre iguais e distintas xeracións, transmitindo dunhas a outras  os xogos. Deste xeito, na escola deben de organizar estes xogos tradicionais para que os nenos os sigan coñecendo. Nestas páxinas podemos ver as sesións de xogos tradicionais que practicaron nas  seguintes escolas:

CEIP DE LOURIDO:


OS XOGOS DE SEMPRE NA CAPELA:


Neste vídeo uns nenos de Vila de Cruces descríbennos os xogos máis tradicionais.






Ningún comentario:

Publicar un comentario