venres, 31 de maio de 2013



Nome do xogo
GLOBO ARRIBA
Idade recomendada
+3 anos
Número de participantes
Pequeno ou gran grupo
Duración
Ata que todos queden sentados
Espazo
Interior ou exterior
Obxectivos
Estimular a motricidade grosa
Fomentar a participación activa de tódolos xogadores.
Tipo de xogo
Cooperativo, de distensión
Organización do espazo
Espazo amplo, con chan cómodo para que se poidan sentar
Recursos necesarios
- Humanos: 1 educador- Materiais: 1 pelota grande con pouco peso ou globo xigante
Desenvolvemento do xogo
Os xogadores distribúense libremente polo espazo. Un xogador lanza un globo ó aire. A partir dese momento trátase de conseguir que o globo non toque o chan tendo en conta que non se pode agarrar e que cando unha persoa toca o globo se ten que sentar. O obxectivo do grupo é conseguir que todos os xogadores se senten antes de que o globo toque o chan.
Variantes, modificacións ou adaptacións.
En lugar dun globo xigante pódese xogar por parellas con globos pequenos.
Se un xogador que está sentado toca o globo pódese levantar.
Gústame este xogo porque non é competitivo, senon que implica a colaboración de todos os nenos e nenas.
É un xogo entretido, que implica movemento e axilidade, ademáis ensina ós nenos e nenas que entre todos, co esforzo grupal, poden chegar a conseguir un fin común. Tamén fomenta a relación cos demais e a respetarse. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario