sábado, 1 de xuño de 2013

adiviña canto te quero

 "ADIVIÑA CANTO TE QUERO"  Sam McBratney, ilustrado por Anita Jeram

Este conto trata dunha lebre pequena que quere demostrarlle a lebre grande( a súa mamá) o moito que a quere, tratando de medir este sentimento de distantas formas ( saltando, abrindo os brazos, nombrando lugares lonxanos, o final decide que a quere de aquí a lúa porque pensa que nada pode estar máis lonxe.
No seguinte vídeo podemos ver unha sesión de contacontos sobre o mesmo.



Neste vídeo  o contido con imaxes e música.





COMENTARIO PERSOAL

A veces cando queres moito alguén, moito, moito , intentas atopar o medio de describirlle o tamaño do teu sentimento. O amor é  máis grande que todo o que podemos abarcar cos brazos, máis alto co que podemos saltar, é tan inmenso que ir e volver da Luna non o abarcaría e necesitaríamos máis espazo, como lle sucede as dúas lebres deste fermoso conto; que intentan medir este sentimento.
Este libro paréceme interesante para ler os nenos  pola súa temática, as emocións,porque expresáse o cariño,  e os nenos poden identificarse cos protagonistas. Creo que  é moi importante que os nenos sexan capaces de identificar as súas emocións, para conseguir controla-las e ser capaces de expresa-las libremente como desexen. A falta deste recoñecemento de emocións produce un desequilibrio emocional, como  por exemplo ,unha rabieta ou o momento no que  un neno está moi contento e non sabe como expresar esta emoción; por este motivo creo que os nenos deberían aprender dende pequeniños, a coñecer as súas emocións, polo que creo que este libro é interesante para os nenos.
Con este conto a nivel educativo ademáis de traballar as emocións, podemos traballar outras formas de expresión como a linguaxe comunicativa con adiviñanzas e xogos xestuais,unha sesión de contacontos para que adquiran o  gusto pola literatura infantil, a psicomotricidade, a plástica e a linguaxe lóxico-matemático cos tamaños e cores.

OUTRAS EDICIÓNS DESTE LIBRO

Nesta páxina da editoral  KóKINOS podedes ver distintas edicións deste libro, ademáis de outros contos do mesmo autor.



Ningún comentario:

Publicar un comentario