xoves, 6 de xuño de 2013

    ¿Que pasaría si... tivera un dragón de mascota??

     O pequeno Antón está de cumpreanos e o soprar as velas seus país dinlle:
Antón, Antónpide un desexo!-. Antón todo contento pide ter un can de mascota e sopra as velas con toda a súa forza. O acabar a festa Antón vai para a cama e soña toda a noite co  que desexou.
   Mentres Antón durme o seu desexo vaise facendo realidade pero cometen un erro e en vez de mandarlle un can mándanlle... un dragón!
  
Menuda sorpresa leva Antón cando ve o dragón ó pe da súa cama. Antón da un salto e abraza o seu dragón, el quería un can pero isto é moito mellor.
   O
primeiro que fan e dar unha volta voando. Antón voa co seu dragón primeiro por encima da súa casa e despois pasa polas casas dos seus amigos, polo parque e por riba do colexio. Percorren toda a cidade. A xente vese moi pequena dende ala arriba pero Antón, que non ten medo, saúdaos e mándalles bicos. A cidade estase acabando e agora voan por encima dos montes e dos campos. Na súa viaxe atópanse con outros paxaros que voan o seu carón, e Antón non pode parar de rir. Suben e baixan, pasan por entre as nubes e chegan ata o mar. Ali pasan moi cerca da auga e ven os golfiños entrar e saír  da auga dando chimpos.
     Tanto viaxe  fai que Antón acabe cansado e por iso dille o seu dragón que quere volver para a casa. No camiño de volta Antón vai pensando en que nome lle vai poñer o seu novo amigo, onde vai durmir, cando llo vai ensinar os seus compañeiros pero o camiño e tan longo que Antón vaise quedando durmido. Xa na casa Antón está na súa cama e vota unha ultima ollada o dragón que está os pes da súa cama, ¡Que día tan incrible! pensou.
   Cando sae o sol Antón comeza a espertar e busca o seu dragón, ¡non estaba na habitación! vai correndo a onda seus pais , que lle explican que o levaran a comprarlle un colar, pero que non o encontraran do seu tamaño, pero que cun cinto do avó, que era moi longo, puxeranllo e valeralle ó dragón sen problema!
   Dende aquela Antón cando non ia voando, levaba ao seu dragón pola correa e ia pasear cos seus amigos ao parque, ás veces, cando estornudaba, tiñan que escapar correndo da bocanada de lume que botaba pola boca, pero despois xa se acostumaron e xogaban todos a ver quen era o que máis corría.
   ¡Que sorte
tiven amigos! co meu dragón podo voar e coñecer sitios onde nunca estiven! É tan fiel e cariñoso  coma un can, e podo ir con el e cos amigos  a calquer parte; Teño a mellor mascota do mundo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario