
AUTOR: Xoxé A. Neira Cruz
ILUSTRADOR: Rodrigo Chao.
EDITORIAL: Galaxia.
EDICIÓN: Tapa dura.
RECOMENDADO: máis de 3
IDIOMA: Galego
TEMÁTICA: A curiosidade de Mariña por saber cantas familias poden existir.
RESUMO: cnta a historia dunha nena, que cada domingo lle pregunta a seu pai, onde está sua nai. Sua nai falecera, e un domingo Mariña preguntalle que por que todos tiñan nai menos ela, e seu pai decidiu percorrer por todo o edificio para ensinarlle a Mariña cantos tipos de familia poden haber. De diferentes culturas, pais Gais, divorciados, monoparentais....
ASPECTOS INTERESANTES: son interesantes as ilustracións do libro. Con este libro podemos traballar a lóxica matemática a traves das familias, os rasgos característicos, as diferencias...
ETIQUETAS: a familia
Foi un dos contos que máis me gustou de todos os que lin. Gustoume porque me recordou a unha experiencia persoal que vivín cando era nena. A morte dun ser moi querido. O que sentín nese momento era o mesmo que o da protagonista deste conto: ¿por que a min? ¿por qué os demáis o teñen e eu non? O comezo do conto pareceume un pouco triste, pero a medida que o ía lendo, a tristeza converteuse en alegría. O leer este conto, deime conta de que non me decatara de que máis alá do que pode alcanzar o meu coñecemento, existen moreas de familias diversas, e que por ser diferentes ás que coñecemos, non teñen por que ser raras. Como se comentou hoxe nunha charla sobre deficiencias auditivas, todas aquelas cousas que non coñecemos e son diferentes ás de un propio, tratámolas de forma rara, e podemos chegar a provocar a incomodidade e rechazar á outra persoa. Debemos ser conscientes de que a novidade para un, non é a rareza dos outros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario