mércores, 5 de xuño de 2013

UN SEGREDO DO BOSQUE

NOME: Un segredo do Bosque
AUTOR: Javier Sobrino
ILUSTRACIÓN: Elena Odriozola
EDITORIAL: OQO editora
EDICIÓN: tapa dura
RECOMENDADO: máis de 5
IDIOMA: galego
TEMÁTICA: O estrano a mor entre un esquío e un paxáro.
RESUME: Conta a historia dun Esquío, que coñeceu a un animal, e empezou a sentir cousas que nunca sentira. Pediu consello aos animais do bosque, e todos lle diseron que era unha loucura. Pero esquío decatouse que estaba namorado.
ASPECTOS INTERESANTES: Os sentimentos
ETIQUETA: animais
VALORACIÓN PERSONAL: 4

Javier Sobrino amósanos unha entrañable e asombrosa historia de amor na que as diferenzas non resultan un impedimento. A través dos animais do bosque, o autor logra conectar de inmediato cos lectores máis novos. Pero é que este conto emprega unha linguaxe universal, a do afecto, para lles falar aos máis pequenos do amor e de como asumir os sentimentos.
Moitas veces non nos damos conta da importancia que conleva ensinarlles aos nenos, dende que son moi pequenos, a controlar as suas emocións. É preciso explicarlles que o que sinten son emocións que saen  do seu corazón do seu ser. Cando nos referimos ao aspecto emocional tamén incluímos atitudes, sentimientos, valores e  motivaciones. Todos eles inflúen no que aprenderá unha persona e no uso que fará do seu aprendizaxe. O desarrollo emocional infúe directamente na evolución intelectual no neno. Un rapaz/a, que non teña cuberto o desarrollo emocional, pode provocar dificultades na percepción e problemas na memoria. 
En definitiva, non lle deamos menos importancia as cousas que pensemos que non son importantes, porque só e unha opinión, non a verdade. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario