mércores, 29 de maio de 2013

"As películas" María G.

Nome do xogo
"As películas"
Edade recomendada
+4
Número de particpantes
Mínimo 5 nenos e nenas
Duración
15-20 minutos
Espazo
Interior/exterior

Obxectivos
·         Estimular a imaxinación.
·         Desenvolver a expresión corporal.
Tipo de xogo
Xogo de reglas/Distensión/Competitivo.
Organzación do espazo
Nunha zona ampla e libre de obstáculos, cun material brando para que se senten os nenos no chan ou senón en sillas.
Recursos necesarios
Sillas se fose necesario.

Desenvolvemento do xogo
Sentaranse os nenos, pedirase un voluntario ou senón o educador/a, en frente de eles representará unha película, facendo xestos dunha escena ou representando corporalmente cada unha das palabras do título da película. O que adiviñe terá que ir a representar outra e así sucesivamente ata que vaian todos.
Variantes, modificacións, adaptacións
Para adaptalos a nenos máis pequenos, en lugar de representar películas representarán oficios, palabras, emocións, animais...e sempre ca axuda do educador/a.
Para facelo máis competitivo dividirase a clase en dous grupos e un deles diralle o participante do outro algo a representar e o seu propio grupo terá que adiviñalo. O grupo que máis acerte gañará.
Encántame "As películas" porque tódalas veces que xogo paso moi ben. Este xogo axuda a crear un ambiente divertido e mellorar a capacidade expresiva ademáis de ter aseguradas unhas boas risas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario